luns, 11 de maio de 2015

SESIÓN DE CONTACONTOS CON ESTEFANIA PADULLÉS

O venres 8 veu a escritora e ilustradora ESTEFANÍA PADULLÉS ao noso centro.
Realizou dúas sesións de contacontos: unha para3º,4º,5º e 6º e outra para infantil e 1º e 2º, na que lles presentou o conto " Os desexos do gato klops".
Contoulles aos nen@s como se crea unha historia, como se edita, como se ilustra…porque Estefanía tamén é ilustradora.
Respostou ás preguntas dos rapaces que sentiron a proximidade dunha escritora e ilustradora ao lado da súa creación. É unha experiencia moi positiva, xa que cando len os libros parécelles que o autor é algo lonxano, casi máxico... así que un ano máis coñeceron outra  escritora... e de novo puideron sentir que é unha profesión para a que se precisa creatividade; eles téñena, queda cultivala.
Adicounos dous contos dela que tiñamos no centro. Ao alumnado quedoulle moi bo sabor de boca; todos querían ler de novo  o conto, así que nos vindeiros días seguro que é un dos máis solicitados, polo que "Os desexos do gato klops" visitará as aulas na hora de ler.
Despois tamén traballou esa parte que ás veces é máis descoñecida, pois gústannos os debuxos das historias, pero… quen os fixo?
Así que nunha sesión con tod@s empezou debuxando o gato e foi creando outros personaxes do conto según lle ían dicindo os rapaces...

Por tanto, tamén asistimos á creación de ilustracións en directo, de xeito espontáneo. Este traballo deu lugar a un fermoso mural que Estefania adicou aos nenos e nenas do CEIP da Pobra do Brollón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario