martes, 28 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

O pasado xoves 23 conmemoramos unha data moi significativa, o Día do Libro. Xustamente cúmprense anos do falecemento de Cervantes, shakespeare, Garcilaso de Vega…así que é un día simbólico para a literatura universal, para rendir homenaxe ao libro, aos seus autores. E por outro lado para axudarlles aos máis novos a que descubran o pracer pola lectura, as numerosas posibilidades que un libro ofrece, as viaxes que podemos facer a través deles, o que nos ensinan, o que descubrimos, o que imaxinamos…


“Os libros son amigos que nunca decepcionan”. Thomas Carlyle


No centro, realizamos as seguintes actividades:


Madriñas, padriños e afillad@s lectores.


Como xa ven sendo unha tradición entre outras actividades, unha fixa é a sesión de contacontos dos maiores aos máis pequenos. Así  “os nen@s de 3º,4º,5º e 6º serán madriñas e padriños de afillad@s de 1º,2º e infantil”.

Os contos foron seleccionados polo equipo de biblioteca tendo en conta as novidades conxugadas con temas de valores, a extensión e as ilustracións.
Previamente, fíxose un sorteo para distrubuír padriñ@s e afillad@s.


Para o alumnado de 3º e parte de 4º  escollemos os contos da colección  emocións, nove contos da editorial Baía edicións. Cada conto trata un tema: a morte, a tranquilidade, a alegría, a impulsividade,a tristeza, o medo, a asertividade, a rabia, a preocupación .

O resto de contos tamén de OQO ou calandraka abordaban temas diversos: a reciclaxe,  a igualdade, a amizade...
Para os demais cursos escollemos Crisol e a súa estrela (Contos para sentir), Iriña bailarina (a igualdade conta), O carameliño sen cor e sen sabor , A moeda de ouro, Yared e a reciclaxe, A billa de Xoán, Andrés o mentireiro. Todos eles de Nova Galicia Edicións.
 As manoplas de carapuchiña de OQO e Crocodilo namorado.


Unha vez contado, o alumnado fixo unha breve reflexión sobre a temática do seu libro, as personaxes, o que se nos transmite…é moi importante pensar, opinar, ser críticos…


Nun día así, ten ben merecido un aplauso Agustín Fernández Paz, autor máis lido polo alumnado..Recordamos libros lidos del conxuntamente a nivel de aula:


-3º e 4º: “Fantasmas no corredor”

-5º e 6º: “Malos tempos para os fantasmas”, “Contos por palabras”


Outros que leron individualmente da nosa biblioteca: “Dende unha estrela distante”, “O único que queda é o amor” , “As flores radiactivas”


Este intre aproveitámolo para darlle un premioaos nosos mellores lectores:


-Marcos 5º: leu no curso 18 libros

-Candela 4º: 20 libros

-Sheila 5º: 25.


Outra actividade que tivo moito éxito, que se agardaba con expectación foi…


Conto viaxeiro

Creación entre tod@s dun conto, empezando en infantil e rematando en 5º e 6º..  Pasou polas aulas con moita ilusión, imaxinación… E volverá con máis calma para seguir disfrutando del.




Ten por título “O monstruo e a maxia de San Xoán


“Un libro aberto é un cerebro que fala, pechado un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora”. Proverbio Hindú

martes, 7 de abril de 2015



CELEBRAMOS UN PLENO MUNICIPAL

O xoves, 26 de marxo o alumnado de 5º e 6º coñeceu de 1º man o funcionamento dun pleno municipal  convertíndose eles mesmos en concellais para celebrar un pleno.


Esta actividade xurdiu como consecuencia do tema de ciencias sociais; “España e Galicia: territorio e organización política”.


Para tratar este tema ademáis do libro usamos outras fontes de investigación, ben  libros de consulta da biblioteca, ben a través das TICs. Cada alumno realizou o seu traballo no que ademáis de definir as institucións guvernamentais de España, Galicia e provincia coñeceu os nomes dos responsables que as encabezan no momento actual.


Despois eliximos  un tema para tratar nun pleno. “Medidas para erradicar a pobreza que está aumentando día a día”.


Desta forma foron recibidos polo alcalde e a secretaria para celebrar o seu pleno e comprobar como se organiza e funciona. O alumnado de 3º e 4º aistiu como público.


Esta temática serviu ademáis para reflexionar sobre un tema que está a afectar a moitas familias, para desenvolver espíritu crítico, para coñecer máis en profundidade o noso concello, e as súas posibilidades…en suma foi unha xornada moi completa e interesante a que lle precedeu investigación, análise, reflexión e debate para organizar as aportacións  de tod@s nunha posta en común e tamén para ser máis solidarios, para coñecer os dereitos e deberes e concienzarnos da importancia dos valores e principios democráticos.


INTRODUCIÓN:


“Debido á crisis aumentou moito a pobreza nas familias e isto deu lugar a moita máis desigualdade entre as persoas. As persoas non teñen os mesmos dereitos…a pobreza priva de dereitos como vivenda, unha vida digna…igualdade de oportunidades e iso non é xusto. Alugunhas persoas son máis ricas e moitas máis pobres. Esta situación é moi inxusta xa que tod@s temos que ter os mesmos dereitos.

 Deberiamos implicarnos todos para evitar esta pobreza e a desigualdade e especialmente todas as persoas que teñen responsabilidades nos gobernos e nas leis por iso hoxe que temos a oportunidade de ser concellais no noso concello imos proponer medidas para que disminua a pobreza, para que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e oportunidades e a partir de aquí cada persoa desenvolva a súa vida  dunha forma propia e dignamente.”


A partir desta  xustificación @s nen@s foron facendo as súas intervencións coordinadas polo alcalde e a secretaria.


Esta sesión rematou con preguntas sobre a  organización e competencias dun concello.


Por esta actividade o alumnado recibiu unha subvención para a súa excursión de fin de curso a Madrid de 300€ que corresponde coa asignación para cada alumn@ de 50€, como paga por asistir a un pleno. 


A solicitude de axuda para a excursión, dirixida ao Sr. alcalde,  fora tramitada previamente polo alumnado de 5º e 6º.


Se queredes coñecer as inquedanzas e iniciativas d@s nen@s de 5º e 6º do CEIP da Pobra do Brollón, podedes velas aquí.