martes, 7 de abril de 2015



CELEBRAMOS UN PLENO MUNICIPAL

O xoves, 26 de marxo o alumnado de 5º e 6º coñeceu de 1º man o funcionamento dun pleno municipal  convertíndose eles mesmos en concellais para celebrar un pleno.


Esta actividade xurdiu como consecuencia do tema de ciencias sociais; “España e Galicia: territorio e organización política”.


Para tratar este tema ademáis do libro usamos outras fontes de investigación, ben  libros de consulta da biblioteca, ben a través das TICs. Cada alumno realizou o seu traballo no que ademáis de definir as institucións guvernamentais de España, Galicia e provincia coñeceu os nomes dos responsables que as encabezan no momento actual.


Despois eliximos  un tema para tratar nun pleno. “Medidas para erradicar a pobreza que está aumentando día a día”.


Desta forma foron recibidos polo alcalde e a secretaria para celebrar o seu pleno e comprobar como se organiza e funciona. O alumnado de 3º e 4º aistiu como público.


Esta temática serviu ademáis para reflexionar sobre un tema que está a afectar a moitas familias, para desenvolver espíritu crítico, para coñecer máis en profundidade o noso concello, e as súas posibilidades…en suma foi unha xornada moi completa e interesante a que lle precedeu investigación, análise, reflexión e debate para organizar as aportacións  de tod@s nunha posta en común e tamén para ser máis solidarios, para coñecer os dereitos e deberes e concienzarnos da importancia dos valores e principios democráticos.


INTRODUCIÓN:


“Debido á crisis aumentou moito a pobreza nas familias e isto deu lugar a moita máis desigualdade entre as persoas. As persoas non teñen os mesmos dereitos…a pobreza priva de dereitos como vivenda, unha vida digna…igualdade de oportunidades e iso non é xusto. Alugunhas persoas son máis ricas e moitas máis pobres. Esta situación é moi inxusta xa que tod@s temos que ter os mesmos dereitos.

 Deberiamos implicarnos todos para evitar esta pobreza e a desigualdade e especialmente todas as persoas que teñen responsabilidades nos gobernos e nas leis por iso hoxe que temos a oportunidade de ser concellais no noso concello imos proponer medidas para que disminua a pobreza, para que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e oportunidades e a partir de aquí cada persoa desenvolva a súa vida  dunha forma propia e dignamente.”


A partir desta  xustificación @s nen@s foron facendo as súas intervencións coordinadas polo alcalde e a secretaria.


Esta sesión rematou con preguntas sobre a  organización e competencias dun concello.


Por esta actividade o alumnado recibiu unha subvención para a súa excursión de fin de curso a Madrid de 300€ que corresponde coa asignación para cada alumn@ de 50€, como paga por asistir a un pleno. 


A solicitude de axuda para a excursión, dirixida ao Sr. alcalde,  fora tramitada previamente polo alumnado de 5º e 6º.


Se queredes coñecer as inquedanzas e iniciativas d@s nen@s de 5º e 6º do CEIP da Pobra do Brollón, podedes velas aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario