luns, 11 de maio de 2015

SESIÓN DE CONTACONTOS CON ESTEFANIA PADULLÉS

O venres 8 veu a escritora e ilustradora ESTEFANÍA PADULLÉS ao noso centro.
Realizou dúas sesións de contacontos: unha para3º,4º,5º e 6º e outra para infantil e 1º e 2º, na que lles presentou o conto " Os desexos do gato klops".
Contoulles aos nen@s como se crea unha historia, como se edita, como se ilustra…porque Estefanía tamén é ilustradora.
Respostou ás preguntas dos rapaces que sentiron a proximidade dunha escritora e ilustradora ao lado da súa creación. É unha experiencia moi positiva, xa que cando len os libros parécelles que o autor é algo lonxano, casi máxico... así que un ano máis coñeceron outra  escritora... e de novo puideron sentir que é unha profesión para a que se precisa creatividade; eles téñena, queda cultivala.
Adicounos dous contos dela que tiñamos no centro. Ao alumnado quedoulle moi bo sabor de boca; todos querían ler de novo  o conto, así que nos vindeiros días seguro que é un dos máis solicitados, polo que "Os desexos do gato klops" visitará as aulas na hora de ler.
Despois tamén traballou esa parte que ás veces é máis descoñecida, pois gústannos os debuxos das historias, pero… quen os fixo?
Así que nunha sesión con tod@s empezou debuxando o gato e foi creando outros personaxes do conto según lle ían dicindo os rapaces...

Por tanto, tamén asistimos á creación de ilustracións en directo, de xeito espontáneo. Este traballo deu lugar a un fermoso mural que Estefania adicou aos nenos e nenas do CEIP da Pobra do Brollón.

martes, 28 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

O pasado xoves 23 conmemoramos unha data moi significativa, o Día do Libro. Xustamente cúmprense anos do falecemento de Cervantes, shakespeare, Garcilaso de Vega…así que é un día simbólico para a literatura universal, para rendir homenaxe ao libro, aos seus autores. E por outro lado para axudarlles aos máis novos a que descubran o pracer pola lectura, as numerosas posibilidades que un libro ofrece, as viaxes que podemos facer a través deles, o que nos ensinan, o que descubrimos, o que imaxinamos…


“Os libros son amigos que nunca decepcionan”. Thomas Carlyle


No centro, realizamos as seguintes actividades:


Madriñas, padriños e afillad@s lectores.


Como xa ven sendo unha tradición entre outras actividades, unha fixa é a sesión de contacontos dos maiores aos máis pequenos. Así  “os nen@s de 3º,4º,5º e 6º serán madriñas e padriños de afillad@s de 1º,2º e infantil”.

Os contos foron seleccionados polo equipo de biblioteca tendo en conta as novidades conxugadas con temas de valores, a extensión e as ilustracións.
Previamente, fíxose un sorteo para distrubuír padriñ@s e afillad@s.


Para o alumnado de 3º e parte de 4º  escollemos os contos da colección  emocións, nove contos da editorial Baía edicións. Cada conto trata un tema: a morte, a tranquilidade, a alegría, a impulsividade,a tristeza, o medo, a asertividade, a rabia, a preocupación .

O resto de contos tamén de OQO ou calandraka abordaban temas diversos: a reciclaxe,  a igualdade, a amizade...
Para os demais cursos escollemos Crisol e a súa estrela (Contos para sentir), Iriña bailarina (a igualdade conta), O carameliño sen cor e sen sabor , A moeda de ouro, Yared e a reciclaxe, A billa de Xoán, Andrés o mentireiro. Todos eles de Nova Galicia Edicións.
 As manoplas de carapuchiña de OQO e Crocodilo namorado.


Unha vez contado, o alumnado fixo unha breve reflexión sobre a temática do seu libro, as personaxes, o que se nos transmite…é moi importante pensar, opinar, ser críticos…


Nun día así, ten ben merecido un aplauso Agustín Fernández Paz, autor máis lido polo alumnado..Recordamos libros lidos del conxuntamente a nivel de aula:


-3º e 4º: “Fantasmas no corredor”

-5º e 6º: “Malos tempos para os fantasmas”, “Contos por palabras”


Outros que leron individualmente da nosa biblioteca: “Dende unha estrela distante”, “O único que queda é o amor” , “As flores radiactivas”


Este intre aproveitámolo para darlle un premioaos nosos mellores lectores:


-Marcos 5º: leu no curso 18 libros

-Candela 4º: 20 libros

-Sheila 5º: 25.


Outra actividade que tivo moito éxito, que se agardaba con expectación foi…


Conto viaxeiro

Creación entre tod@s dun conto, empezando en infantil e rematando en 5º e 6º..  Pasou polas aulas con moita ilusión, imaxinación… E volverá con máis calma para seguir disfrutando del.




Ten por título “O monstruo e a maxia de San Xoán


“Un libro aberto é un cerebro que fala, pechado un amigo que espera; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora”. Proverbio Hindú

martes, 7 de abril de 2015



CELEBRAMOS UN PLENO MUNICIPAL

O xoves, 26 de marxo o alumnado de 5º e 6º coñeceu de 1º man o funcionamento dun pleno municipal  convertíndose eles mesmos en concellais para celebrar un pleno.


Esta actividade xurdiu como consecuencia do tema de ciencias sociais; “España e Galicia: territorio e organización política”.


Para tratar este tema ademáis do libro usamos outras fontes de investigación, ben  libros de consulta da biblioteca, ben a través das TICs. Cada alumno realizou o seu traballo no que ademáis de definir as institucións guvernamentais de España, Galicia e provincia coñeceu os nomes dos responsables que as encabezan no momento actual.


Despois eliximos  un tema para tratar nun pleno. “Medidas para erradicar a pobreza que está aumentando día a día”.


Desta forma foron recibidos polo alcalde e a secretaria para celebrar o seu pleno e comprobar como se organiza e funciona. O alumnado de 3º e 4º aistiu como público.


Esta temática serviu ademáis para reflexionar sobre un tema que está a afectar a moitas familias, para desenvolver espíritu crítico, para coñecer máis en profundidade o noso concello, e as súas posibilidades…en suma foi unha xornada moi completa e interesante a que lle precedeu investigación, análise, reflexión e debate para organizar as aportacións  de tod@s nunha posta en común e tamén para ser máis solidarios, para coñecer os dereitos e deberes e concienzarnos da importancia dos valores e principios democráticos.


INTRODUCIÓN:


“Debido á crisis aumentou moito a pobreza nas familias e isto deu lugar a moita máis desigualdade entre as persoas. As persoas non teñen os mesmos dereitos…a pobreza priva de dereitos como vivenda, unha vida digna…igualdade de oportunidades e iso non é xusto. Alugunhas persoas son máis ricas e moitas máis pobres. Esta situación é moi inxusta xa que tod@s temos que ter os mesmos dereitos.

 Deberiamos implicarnos todos para evitar esta pobreza e a desigualdade e especialmente todas as persoas que teñen responsabilidades nos gobernos e nas leis por iso hoxe que temos a oportunidade de ser concellais no noso concello imos proponer medidas para que disminua a pobreza, para que todas as persoas teñan os mesmos dereitos e oportunidades e a partir de aquí cada persoa desenvolva a súa vida  dunha forma propia e dignamente.”


A partir desta  xustificación @s nen@s foron facendo as súas intervencións coordinadas polo alcalde e a secretaria.


Esta sesión rematou con preguntas sobre a  organización e competencias dun concello.


Por esta actividade o alumnado recibiu unha subvención para a súa excursión de fin de curso a Madrid de 300€ que corresponde coa asignación para cada alumn@ de 50€, como paga por asistir a un pleno. 


A solicitude de axuda para a excursión, dirixida ao Sr. alcalde,  fora tramitada previamente polo alumnado de 5º e 6º.


Se queredes coñecer as inquedanzas e iniciativas d@s nen@s de 5º e 6º do CEIP da Pobra do Brollón, podedes velas aquí.

martes, 10 de marzo de 2015

DÍA MUNDIAL DA MULLER TRABALLADORA E DÍA DE ROSALÍA

O  8 de marzo, celébrase unha data moi significativa, o Día Mundial da Muller Traballadora ou Día Internacional da muller.
En primeiro lugar, gustaríanos que non tiveramos que celebrar este día, xa que todos os días do ano deberían ser días da Muller. Conmemórase a loita da muller pola igualdade de oportunidades e o seu desenvolvemento íntegro como persoas.
Non temos que ir moi lonxe para darnos conta de que estamos no medio de moitas mulleres impresionantes: nais, avoas, irmás, amigas, compañeiras…A calquera lle gustaría ser un resumo de todas elas.
Todos xuntos, homes e mulleres, mulleres e homes, debemos loitar pola igualdade, polos nosos dereitos, polo que queremos…decir NON á discriminación solo sexo.
Nalgúns países as nenas non van á escola e os nenos si; ¿pero en que mundo vivimos? Elas quedan na casa facendo tarefas domésticas, coidando dos irmáns…noutros países só deixan ter un fillo ou filla e están máis valorados os fillos.
Mirando ao noso arredor temos a grandísima sorte de ter a Mulleres que fixeron e fan moito pola sociedade, pola IGUALDADE, por GALICIA…Nun día así merece especial mención Rosalía de Castro. Nas súas 3 obras: Cantares Galegos, Follas Novas e Nas Orillas do Sar fai unha gran defensa de Galicia, da nosa cultura; dóelle a pobreza de Galicia e laméntase da emigración dos galegos, quedando Galicia nas mans das mulleres, que foron as que fixeron que a nosa terra sobrevivise. Sen dúbida un gran traballo o que realizou, unha muller que nos deu moito…que menos que facerlle unha homenaxe neste día.

Así que dende o centro conmemoramos dúas datas importantes: o 24 de marzo, Día de Rosalía (que coincide co seu aniversario) e 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.

Baixamos ao parqueda localidade para recitar poemas de Rosalía. Compartimos esta celebración cos servizos sociais e a Biblioteca Municipal. O Concello contratou a César, un artista que cantou e fíxonos disfrutar de grandes obras galegas: “Adiós ríos, adiós fontes” da probablemente mellor compositora galega; “No niño novo do vento” na que Álvaro Cunqueiro se centra na pomba dourada.

Os poemas recitados polo alumnado foron os seguintes:

- 1º e 2º: “Has de cantar”
- 5º e 6º: Cantaron acompañados por César Negra Sombra e unha estrofa do poema A Gaita Galega.

O alumnado tamén foi Rosalía e compuxeron as súas poesías, que recitaron para os asistentes (persoal do Concello, familiares, persoas do centro de día e o resto do alumnado e profesorado do centro).

Xa pola tarde, no colexio, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º coñecemos a María Castaña, cuxos orixes se remontan ao noso pobo, Pobra do Brollón. Fixémolo a través dunha presentación en power point que elaborou o CIM (Centro de Información á Muller de Monforte). É unha actividade conxunta co colectivo Lemos Le. Despois de coñecer a historia, cada centro fará debuxos dun capítulo para posteriormente editar dixitalmente o conto con estas ilustracións.
María Castaña naceu en Cereixa, polo que recopilamos as entidades que levan o seu nome: Na Parroquia de Cereixa hai unha asociación cultural que leva o seu nome, ao igual que unha rúa na localidade de Pobra.

Estas actividades foron o froito da lectura do libro “A pantasma da casa da matanza”, de Helena Villar Janeiro. A pantasma acompaña a Rosalía, ve como compón, axúdalle e entre as dúas crean Negra Sombra.

Os rapaces de 5º e 6º profundizaron e investigaron a través das TICs sobre a vida de Rosalía de Castro. Tamén se creou o recuncho de Rosalía na biblioteca na que dispoñiamos de información documental para coñecer a vida e obras.

O froito de todo isto quedou plasmado nun mural da entrada ao centro, titulado Eu tamén son Rosalía.


mércores, 4 de marzo de 2015

MOCHILAS VIAXEIRAS


No segundo trimestre puxemos en marcha as mochilas viaxeiras. Conteñen material diverso: contos de narrativa, poesía, teatro, multimedia, material con información para as familias, información documental, en relación cos temas deste ano: horto ecolóxico e aliméntate ben.


Este material combínase en galego e castelán en soporte papel e multimedia.... É unha actividade moi ben acollida tanto polo alumnado como polas familias...


As reflexións recóllense nun caderno viaxeiro que acompaña a mochila no que se relaciona o material que hai dentro, así como as datas de entrega e devolución a cada alumn@. A mochila acompaña a cada familia tres semanas.


O día da devolución compróbase o material e @ alumn@ le para os demáis as creacións  elaboradas en familia...Tamén poden facer debuxos, collages..o que estimen oportuno. 


Puxemos en funcionamento 5 mochilas viaxeiras

-

-

-

-  

-5º e 6º, dado que entre os dous grupos son seis e permanecen no mesmo grupo.




xoves, 29 de xaneiro de 2015

DÍA MUNDIAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO (25.11.2014)

O martes 25 de novembro celebrouse o Día MUNDIAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO, unha data na que tratamos un aspecto da nosa sociedade que non atravesa o seu mellor momento.
A biblioteca estivo presente na celebración deste día.  O alumnado de 3º,4º,5º e 6º leron de xeito colectivo “Xela volveuse vampira” de Fina Casalderrey.
A historia dunha mestra alegre, a que querían moito os seus alumn@s;  pero de repente a inicios dun novo curso cambia por completo.
Os alumn@s saben que algo lle ocorre a Xela, xa que non é a mesma persoa: antes tan alegre, contáballes historias, levábaos de excursión, xogaba nos recreos con eles…
Agora sempre está triste, distraída, non xoga con eles, quere estar soa….ata cambiou a forma de vestir, e leva gafas que ocultan a súa mirada…
Un día na aula, cáelle a bufanda e descobren certas manchas vermellas no pescozo.... A imaxinación dos rapaces lévaos a pensar que pudo volverse vampiresa, porque o certo é que algo moi importante lle está a ocorrer.
De súpeto deixa de acudir ao colexio…
Breixo, un dos alumnos, contará coa axuda de Rute, un ser fantástico que só poden ver as persoas  nadas en domingo e de bo corazón.  Rute aparéceselle   Breixo ,  só el a pode ver pois cumpre estes os dous requisitos. Breixo pediralle a Rute axuda  para  descubrir que  lle ocorre a Xela.
Rute converte os muros da casa de Xela en transparentes e poden comprobar como Xela é maltratada polo seu marido tanto física como Psicoloxicamente.
Asombroso!!! Parecía tan amable…
Pero Rute  ten capacidade para castigalo soberanamente, convertendo a Cibrán, o marido de Xela nun home cocho que anda en moto perdido polo firmamento….
Un bo día Xela volve a clase…volve a ser aquela mestra alegre que lles ensinaba tantas cousas.
Esta obra permitiunos afondar neste tema, reflexionar co alumnado, extraer conclusións moi positivas.
Así que esta semana falamos cos alumnos/as sobre a Violencia de Xénero: indagamos nos seus coñecemento previos, para a partir de aí traballar neste tema e sacar o maior proveito posible.
Con todas as ideas que o noso alumnado sacou adiante elaboramos un mural no que pretendemos que queden reflexadas todas estas aprendizaxes, boas intencións…
No mural, represéntase o Mundo, e caen pingas de auga das nubes con mensaxes, con slogans para loitar contra a Violencia de Xénero.
O alumnado do 3º ciclo escribiu poesías empregando a técnica do acróstico, verdadeiras preciosidades.  Seguro que disfrutades delas.

O CAMIÑO é a igualdade, a comprensión, o amor, a empatía, a diversidade, o diálogo, a protección, a colaboración…
O CAMIÑO É POSIBLE.